O Rogers Centre, anteriormente chamado SkyDome, é un parque de béisbol situado no centro de Toronto, Ontario (Canadá), xusto ao suroeste da Torre CN, cerca do Lago Ontario. Inaugurado en 1989, é o estadio local dos Toronto Blue Jays da Major League Baseball (MLB). Anteriormente tamén foi lar dos Toronto Argonauts da Canadian Football League (CFL) e dos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA). Os Buffalo Bills da National Football League (NFL) tamén xogaron unha serie de partidos anuais entre 2008 e 2013. Alén dos usos deportivos, tamén é utilizado para outros eventos como convencións, feiras de mostras ou concertos.
O nome de Rodgers Centre é debido ao patrocinio de Rogers Communications, empresa tamén propietario da franquía.[1] No momento da súa construción destacou por ser o primeiro estadio con teito completamente retráctil motorizado, así como polo hotel adxunto con 348 habitacións, 70 das cales con vistas ao campo.[2] Foi tamén o último estadio de América do Norte construído para albergar simultaneamente xogos de béisbol e de fútbol (americano ou canadense). No ano 2015 o estadio acolleu as cerimonias de inauguración e clausura dos Xogos Panamericanos, sendo nomeado durante o evento como "Pan Am Dome" debido a que Rogers Communications non tiña acordo de patrocinio coa organización.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas