Richmond Football Club |
---|
|
Nome |
---|
Completo | Richmond Football Club Limited |
---|
Alcume(s) | Tigers, Tiges |
---|
Canción | We're From Tigerland |
---|
Temporada 2020 |
---|
After finals | Premiers |
---|
Liga | 3º |
---|
Goleador | Jack Riewoldt (33 goles) |
---|
Mellor | Jayden Short (Jack Dyer Medal) |
---|
Detalles do club |
---|
Fundación | 1885 (139 anos) |
---|
Cidade | Melbourne, Victoria |
---|
Cores | Amarelo Negro |
---|
Competición | AFL: Sénior masculino AFLW: Sénior feminino |
---|
Presidente | Peggy O'Neal |
---|
CEO | Brendon Gale |
---|
Adestrador | AFL: Damien Hardwick AFLW: Ryan Ferguson |
---|
Capitán(s) | AFL: Trent Cotchin AFLW: Katie Brennan |
---|
Premierships | VFL/AFL (13) - 1920
- 1921
- 1932
- 1934
- 1943
- 1967
- 1969
- 1973
- 1974
- 1980
- 2017
- 2019
- 2020
|
---|
Estadio(s) | Melbourne Cricket Ground (100 024) |
---|
Uniformes |
---|
|
|
|
Outra información |
---|
Páxina web | richmondfc.com.au |
---|
O Richmond Football Club, alcumados os Tigers (do inglés: Tigres), é un club de fútbol australiano con sede en Richmond, Melbourne, Victoria. O club foi fundado en 1885, contanto cun equipo masculino na Australian Football League (AFL) e feminino na AFL Women's (AFLW). Antes de unirse á Victorian Football League (actual AFL) en 1908, o equipo competía na Victorian Football Association (VFA), onde gañou dous premierships. Desde aquela, o equipo conseguiu trece títulos da AFL, sendo o último en 2020. O equipo ten a súa sede e campos de adestramento no primeiro estadio no que xogou, o Punt Road Oval. Este estadio, con capacidade para 6 000 espectadores, é actualmente utilizado tanto polo equipo feminino como polo equipo reserva da Victorian Football League (VFL). Este estadio é adxacente ao actual recinto de xogo dos Tigers, o Melbourne Cricket Ground, estadio con capacidade para 100 024 espectadores. O equipo viste tradicionalmente un guernsey (uniforme) negro cunha faixa amarela. A canción do equipo é We're From Tigerland.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas