Rexión de Otago

Modelo:Xeografía políticaRexión de Otago
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°52′50″S 170°29′46″L / -45.8806, 170.4961
Reinos da CommonwealthNova Zelandia Editar o valor en Wikidata
CapitalDunedin Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación229.200 (2018) Editar o valor en Wikidata (7,34 hab./km²)
Xeografía
Superficie31.241 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1852 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2NZ-OTA Editar o valor en Wikidata

Sitio weborc.govt.nz Editar o valor en Wikidata

Otago é unha rexión de Nova Zelandia, situada no sueste da Illa Sur.

Etimoloxía

O nome "Otago" é a versión inglesa da palabra do dialecto maorí Kai Tahu, "Otakou".

Xeografía e historia

A rexión ocupa unha superficie de 31 241 km², o que a converte na segunda maior rexión do país. No censo de 2005, a súa poboación era de 181 542 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 7,34 hab./km².

As maiores localidades son Dunedin (a principal cidade e capital da rexión), Oamaru (famosa grazas a Janet Frame), Balclutha, e Alexandra, e os centros turísticos de Queenstown e Wanaka.

Kaitangata, no sur de Otago, posúe unha importante mina de carbón. Os ríos Waitaki e Clutha xeran unha importante cantidade de enerxía hidroeléctrica.

A primeira universidade de Nova Zelandia, a Universidade de Otago, fundouse en 1869 como universidade provincial en Dunedin.

A área central da provincia produce viños de excelente calidade, feitos con variedades como Pinot noir, Chardonnay, Sauvignon Blanc, Merlot e Riesling.

A vila de Otakou, na península Otago foi unha base baleeira durante os primeiros anos do asentamento de europeos na costa leste de Murihiku ao redor de 1840.

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!