Revista Morcego

Revista Morcego
Logotipo da Gruta de Gizamaluke, podcast da Revista Morcego, creado por Iago Comedeiro.
PaísEspaña
Lingualingua galega
Especialidadegames podcast
Fundaciónsetembro de 2018
FundadorCarlos Pereiro
Na rede
https://revistamorcego.com/
Facebook: RevistaMorcego Twitter: MorcegoRevista Patreon: revistamorcego Twitch: revistamorcego Spotify: 7t7VjazP074kJdEuuvZJPb Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A revista Morcego é unha publicación especializada en videoxogos editada en lingua galega.

Alén de novas sobre a actualidade da industria do videoxogo, como lanzamentos, atrasos, actualizacións ou sucesos; tamén recolle reportaxes divulgativas sobre o medio, entrevistas e columnas de opinión de sinaturas diversas. Trátase dun medio non lucrativo, sen publicidade, e que tampouco recibe subvencións de ningunha entidade pública. A súa principal fonte económica é colectiva, a través de Patreon [1], sendo un dos máis exitosos na Galiza dentro da plataforma estadounidense. Tamén entraría dentro dos dez Patreon máis importantes no eido dos medios de videoxogos en España, segundo a base de datos DeVuego[2].

Tamén se inclúe dentro da revista dixital un podcast semanal que recolle as novas máis importantes dos últimos días, amais de incluír seccións propias nun ton informal e lixeiro. Chámase A Gruta de Gizamaluke.

Traxectoria

Comezou a editarse en setembro do ano 2018[3] a iniciativa do xornalista Carlos Pereiro[4], actual director da revista.

O proxecto podería ser considerado cooperativo e colectivo, ao ter aberta a recepción de artigos e reportaxes. Doutra banda, desde que naceu, foi abordando, máis aló da web como tal, outros formatos audiovisuais como o programa radiofónico A Gruta de Gizamaluke, nado na súa primeira tempada como un proxecto en colaboración co medio dixital PontevedraViva. Tamén conta cunha canle en YouTube e outra en Twitch[5] (colaboraron con Twitch en galego na retransmisión do Torneo do Grelo), cun contido diverso que vai dende gameplays a titoriais.

Para comezos do ano 2021, Morcego é considerado o principal foco de referencia informativa sobre videoxogos en lingua galega.

Notas

  1. "Patreon da Revista Morcego". Patreon. Consultado o 26 de xaneiro do 2021. 
  2. "Principais Patreons (por ingresos mensuais) de MEDIOS españoles de Videoxogos". Twitter DeVuego. Consultado o 26 de xaneiro do 2021. 
  3. "Nace a primeira revista dixital de viodeoxogos en galego". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-09-08. Consultado o 2021-05-27. 
  4. "Quiosco: Revista Morcego". Cultura Galega. 11 de setembro de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  5. "Twitch". Twitch. Consultado o 2021-01-26. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!