Return to Bolivia é un filme arxentino de 2008 dirixido por Mariano Raffo,[1] cuxo guión foi escrito por Raffo en colaboración con Marina Boolls. O filme segue a unha parella de bolivianos cos seus tres fillos cara á fronteira entre La Quiaca (Jujuy) e Villazón (Potosí), para logo ir a un casarío no altiplano entre Oruro e A Paz.
Sinopse
Conta a viaxe de volta ó seu país dunha familia boliviana que vive en Liniers, Buenos Aires, atendendo unha froitaría. Co obxectivo de conseguir empregados para o seu negocio viaxan a Bolivia logo de oito anos de ausencia. Durante a viaxe encóntranse cos seus familiares, cos seus amigos e as súas tradicións abandonadas. Está contada como un filme de estilo "road movie", onde a historia se desenvolve no contexto da viaxe.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas