Retratos Fantasmas |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | Retratos Fantasmas |
---|
Director | Kleber Mendonça Filho |
---|
Produtor | Emilie Lesclaux |
---|
Guión | Kleber Mendonça Filho |
---|
Intérpretes | Kleber Mendonça Filho |
---|
Música | Tomas Alves Souza |
---|
Fotografía | Pedro Sotero |
---|
Montaxe | Matheus Farias |
---|
Estudio |
- CinemaScópio Produções
- Ancine
|
---|
Distribuidora | Vitrine Filmes (Brasil) |
---|
Estrea | Cannes: 19 de maio de 2023 |
---|
Duración | 93 minutos |
---|
Orixe | Brasil |
---|
Xénero | Documental |
---|
Na rede |
---|
|
Retratos Fantasmas é un filme documental brasileiro de 2023 dirixido e escrito por Kleber Mendonça Filho. O filme revisita a cidade natal de Kleber, a cidade brasileira de Recife, a través do prisma histórico dos cinemas que frecuentaba, a partir da súa propia imaxe de arquivo persoal, lembrando o que antes eran lugares idílicos, hoxe pechados, que constituían un importante marcador temporal na evolución da sociedade brasileira.[1]
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2023, na sección Special Screenings.[2] Posteriormente foi proxectado na sección Main Slate do Festival de Cinema de Nova York[3] e na sección Wavelengths do Festival Internacional de Cinema de Toronto. Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos