Resolución 1 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas

Resolución 1 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
AsuntoCreación do Comité de Estado Maior
data25 de xaneiro de 1946
Sesión núm.2
CódigoS/RES/1
Documento oficial[i]
VotaciónA favor:
En contra:
Abstención:
Ausentes:
ResultadoAdoptada sen votación
Membros do Consello en 1946
Permanentes
 China  Francia  Reino Unido
 Estados Unidos  Unión Soviética
Non permanentes
 AUS  BRA  EGY
 MEX  NED  POL
2  →

A resolución 1 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, adoptada sen votación o 25 de xaneiro de 1946, invitaba aos meembros permanentes a realizar os preparativos oportunos para celebrar a primeira reunión do Comité de Estado Maior que debía ter lugar o 1 de febreiro dese mesmo ano en Londres.

O comité debía estar composto polos Xefes de Estado Maior dos exércitos dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade. A resolución solicitou como primeira tarefa do mesmo a elaboración de propostas relativas á súa organización interna, persoal e funcionamento para presentalas posteriormente ante o Consello de Seguridade. A creación do Comité de Estado Maior estivo amparada baixo o Artigo 47 da Carta das Nacións Unidas:

1. Establecerase un Comité de Estado Maior para asesorar e asistir ao Consello de Seguridade en todas as cuestións relativas ás necesidades militares do Consello para o mantemento da paz e a seguridade internacionais, ao emprego e comando das forzas postas á súa disposición, á regulación dos armamentos e ao posible desarme.
(...)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!