Receptor X farnesoide

Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
SímbolosNR1H4 (HGNC: 7967) BAR, FXR, HRR-1, HRR1, RIP14, PFIC5
Identificadores
externos
LocusCr. 12 q23.1
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
9971 20186
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
Q96RI1 Q60641
RefSeq
(ARNm)
NM_001206 NM_001163504
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001193 NP_001156976
Localización (UCSC)
Cr. 12:
100.47 – 100.56 Mb
Cr. 10:
89.29 – 89.37 Mb
PubMed (Busca)
9971


20186

O receptor X farnesoide (FXR), tamén coñecido como receptor de ácidos biliares (BAR) ou NR1H4 (receptor nuclear subfamilia 1, grupo H, membro 4), é un receptor nuclear que está codificado no xene NR1H4 nos humanos, situado no cromosoma 12.[1][2]

Función

O FXR exprésase a alto nivel no fígado e intestinos. O ácido quenodesoxicólico e outros ácidos biliares son ligandos naturais do FXR. Igual que outros receptores nucleares, cando é activado, o FXR trasládase ao núcleo celular, forma un dímero (neste caso un heterodímero co RXR) e únese a elementos de resposta a hormonas do ADN, o cal regula á alza ou á baixa a expresión de certos xenes.[2]

Unha das funcións primarias da activación do FXR é a supresión da colesterol 7 alfa-hidroxilase (CYP7A1), o encima limitante na síntese de ácidos biliares a partir de colesterol. O FXR non se une directamente ao promotor de CYP7A1. Ao contrario, o FXR induce a expresión do SHP (do inglés small heterodimer partner, compañeiro heterodímero pequeno), que despois funciona inhibindo a transcrición do xene CYP7A1. O FXR estimula tamén a síntese do factor de crecemento de fibroblastos 19, que tamén inhibe a expresión de CYP7A1 e da esterol 12-alfa-hidroxilase (CYP8B1) por medio do factor de crecemento de fibroblastos 4. Deste modo, establécese unha vía de retroalimentación negativa na cal a síntese dos ácidos biliares é inhibida cando os niveis celulares son xa altos.[3]

A ausencia de FXR nun modelo de ratos FXR-/- causa o incremento de ácidos biliares no fígado e o desenvolvemento espontáneo de tumores hepáticos.[4] Reducir o conxunto de ácidos biliares nos ratos FXR-/- alimentándoos coa resina colestiramina que secuestra os ácidos biliares, reducía o número e tamaño das lesións malignas.

O FXR tamén é importante na regulación dos niveis hepáticos de triglicéridos.[5] Especificamente, a activación do FXR suprime a lipoxénese e promove a oxidación de ácidos graxos libres pola activación do PPARα.[5] O FXR regula a expresión e actividade de proteínas de transporte epiteliais implicadas na homeostase dos fluídos no intestino, como o regulador da condutancia transmembrana da fibrose quística (CFTR).[6]

A activación do FXR en ratos diabéticos reduce a glicosa do plasma e mellora a sensibilidade á insulina, mentes que a inactivación do FXR ten o efecto oposto.[5]

Interaccións

O receptor X farnesoide presenta interaccións con:

Ligandos

Coñécense varios ligandos do FXR, tanto de orixe natural coma sintética.[9][10][11]

Agonistas
Antagonistas

Notas

  1. "Entrez Gene: NR1H4 nuclear receptor subfamily 1, group H, member 4". 
  2. 2,0 2,1 Forman BM, Goode E, Chen J, Oro AE, Bradley DJ, Perlmann T, Noonan DJ, Burka LT, McMorris T, Lamph WW, Evans RM, Weinberger C (xuño de 1995). "Identification of a nuclear receptor that is activated by farnesol metabolites". Cell 81 (5): 687–693. PMID 7774010. doi:10.1016/0092-8674(95)90530-8. 
  3. Jiang L, Zhang H, Xiao D, Wei H, Chen Y (2021). "Farnesoid X receptor (FXR): Structures and ligands". Computational and Structural Biotechnology Journal 19: 2148–2159. PMC 8091178. PMID 33995909. doi:10.1016/j.csbj.2021.04.029. 
  4. Yang F, Huang X, Yi T, Yen Y, Moore DD, Huang W. Spontaneous development of liver tumors in the absence of the bile acid receptor farnesoid X receptor. Cancer Res. 2007 Feb 1;67(3):863-7. doi: 10.1158/0008-5472.CAN-06-1078. PMID 17283114
  5. 5,0 5,1 5,2 Jiao Y, Lu Y, Li XY (xaneiro de 2015). "Farnesoid X receptor: a master regulator of hepatic triglyceride and glucose homeostasis". Acta Pharmacologica Sinica 36 (1): 44–50. PMC 4571315. PMID 25500875. doi:10.1038/aps.2014.116. 
  6. Mroz MS, Keating N, Ward JB, Sarker R, Amu S, Aviello G, Donowitz M, Fallon PG, Keely SJ (maio de 2014). "Farnesoid X receptor agonists attenuate colonic epithelial secretory function and prevent experimental diarrhoea in vivo". Gut 63 (5): 808–817. PMID 23916961. doi:10.1136/gutjnl-2013-305088. 
  7. Zhang Y, Castellani LW, Sinal CJ, Gonzalez FJ, Edwards PA (xaneiro de 2004). "Peroxisome proliferator-activated receptor-gamma coactivator 1alpha (PGC-1alpha) regulates triglyceride metabolism by activation of the nuclear receptor FXR". Genes & Development 18 (2): 157–169. PMC 324422. PMID 14729567. doi:10.1101/gad.1138104. 
  8. Seol W, Choi HS, Moore DD (xaneiro de 1995). "Isolation of proteins that interact specifically with the retinoid X receptor: two novel orphan receptors". Molecular Endocrinology 9 (1): 72–85. PMID 7760852. doi:10.1210/mend.9.1.7760852. 
  9. Fiorucci S, Zampella A, Distrutti E (2012). "Development of FXR, PXR and CAR agonists and antagonists for treatment of liver disorders". Current Topics in Medicinal Chemistry 12 (6): 605–624. PMID 22242859. doi:10.2174/156802612799436678. 
  10. Fiorucci S, Mencarelli A, Distrutti E, Zampella A (maio de 2012). "Farnesoid X receptor: from medicinal chemistry to clinical applications". Future Medicinal Chemistry 4 (7): 877–891. PMID 22571613. doi:10.4155/fmc.12.41. 
  11. Vaz B, de Lera Á (novembro de 2012). "Advances in drug design with RXR modulators". Expert Opinion on Drug Discovery 7 (11): 1003–1016. PMID 22954251. doi:10.1517/17460441.2012.722992. 
  12. Ricketts ML, Boekschoten MV, Kreeft AJ, Hooiveld GJ, Moen CJ, Müller M, Frants RR, Kasanmoentalib S, Post SM, Princen HM, Porter JG, Katan MB, Hofker MH, Moore DD (xullo de 2007). "The cholesterol-raising factor from coffee beans, cafestol, as an agonist ligand for the farnesoid and pregnane X receptors". Molecular Endocrinology 21 (7): 1603–1616. PMID 17456796. doi:10.1210/me.2007-0133. 
  13. Zhang S, Pan X, Jeong H (maio de 2015). "GW4064, an agonist of farnesoid X receptor, represses CYP3A4 expression in human hepatocytes by inducing small heterodimer partner expression". Drug Metabolism and Disposition 43 (5): 743–748. PMC 4407707. PMID 25725071. doi:10.1124/dmd.114.062836. 
  14. Carotti A, Marinozzi M, Custodi C, Cerra B, Pellicciari R, Gioiello A, Macchiarulo A (2014). "Beyond bile acids: targeting Farnesoid X Receptor (FXR) with natural and synthetic ligands". Current Topics in Medicinal Chemistry 14 (19): 2129–2142. PMID 25388537. doi:10.2174/1568026614666141112094058. Arquivado dende o orixinal o 2021-10-19. 
  15. Jin L, Feng X, Rong H, Pan Z, Inaba Y, Qiu L, Zheng W, Lin S, Wang R, Wang Z, Wang S, Liu H, Li S, Xie W, Li Y (2013). "The antiparasitic drug ivermectin is a novel FXR ligand that regulates metabolism". Nature Communications 4: 1937. Bibcode:2013NatCo...4.1937J. PMID 23728580. doi:10.1038/ncomms2924. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!