Situada na confluencia dos ríos Támesis e Kennet, a cidade está a medio camiño entre Londres e Oxford, ao bordo da autoestrada M4.
Reading é probabelmente o centro de negocios máis importante do sueste de Inglaterra, á parte do Gran Londres. A maioría das compañías importantes de Gran Bretaña teñen a súa sede na cidade, que tamén alberga numerosas multinacionais. O ECMWF (Centro Europeo de Predición Meteorolóxica a Prazo Medio) ten a súa sede alí. É ademais unha cidade universitaria cunha importante comunidade estudantil.
Xeografía
O centro da cidade está situado cerca da confluencias do Támesis e o Kennet, o que reflicte a historia da cidade como porto fluvial. Antes da confluencia, o Kennet esténdese por unha estreita abertura para formar a planicie fluvial do Támesis.
Reading está a 64 km ao oeste do centro de Londres e a 40 km ao sueste de Oxford.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.