Ran (en xaponés: 乱) é un filme xaponés dirixido por Akira Kurosawa que se estreou en 1985. Estreouse en galego na TVG o 22 de xaneiro de 1991.
Sinopse
No Xapón medieval, o poderoso señor Hidetora decide abdicar e repartir os seus dominios entre os seus tres fillos. O menor considera que a idea é unha parvada e só servirá para causar problemas. O seu pai, anoxado, deshérdao. Axiña descubrirá o seu erro: a ambición fará que os seus fillos maiores se enfronten polo poder nunha cruel guerra.
Galardóns e nomeamentos
- 1985: Oscar: Mellor vestiario. Nomeada a Director, Fotografía e Dirección artística.
- 1985: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor filme estranxeiro.
- 1986: 2 premios BAFTA: Filme estranxeiro, Maquillaxe. 4 nomeamentos.
- 1986: 2 nomeamentos ó César: Filme estranxeiro e Póster.
- 1985: Premios David di Donatello: Mellor director estranxeiro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas