Ramón Díaz del Río

Modelo:BiografíaRamón Díaz del Río
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Eurodeputado
Representa: Alianza Popular

6 de xullo de 1987 – 24 de xullo de 1989

Circunscrición electoral: España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEscola Técnica Superior de Enxeñaría Naval Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, enxeñeiro naval Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAlianza Popular Editar o valor en Wikidata

Ramón Díaz del Río Jáudenes, nado en Vigo o 11 de decembro de 1940 e finado na mesma cidade o 20 de novembro de 2023,[1] foi un enxeñeiro naval e político galego.

Traxectoria

Estudou o bacharelato nos Maristas e despois marchou á Escola Naval Militar de Marín. Sen rematou, marchou a Madrid, onde se licenciou na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Navais (1968). Despois traballou en diversas empresas do sector navalː comezou en Hijos de Barreras como xefe de reparación, e despois marchou de subdirector a Sapiga, unha empresa pesqueira coa que tivo contacto coa pesca nos caladoiros atlánticos (Terra Nova e Suráfrica). Posteriormente accederá ao posto de director.

Militante de Alianza Popular foi conselleiro de Pesca (1982-1983) e de Industria, Enerxía e Comercio (1984-1985) da Xunta de Galicia. Foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento de Galicia 1985, pero deixou o seu escano en 1987 cando foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1987. De 1988 a 1989 foi vicepresidente da delegación para as relacións cos países do Magreb do Parlamento Europeo. En 1996 foi nomeado director xerente da Fundación Provigo.


Predecesor:
Baldomero Fernández Calviño
 
Conselleiro de Pesca
 
1982 - 1983
Sucesor:
Juan Manuel Páramo Neira
Predecesor:
Juan Manuel de la Fuente
 
Conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio
 
1984 - 1985
Sucesor:
Luciano Asorey

Vida persoal

Tivo sete irmáns. Casou e tivo tres fillos.

Notas

  1. "Fallece Ramón Díaz del Río, conselleiro en el primer Gobierno de la Xunta". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!