Ramón María Pedrayo Silva, nado en Ourense o 17 de novembro de 1822 e finado na mesma cidade o 3 de maio de 1899, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Bernardo Pedrayo Andelo e neto do avogado Salvador Silva. Foi alcalde de Ourense en 1854. Na Restauración militou no Partido Conservador e foi nomeado presidente da Deputación de Ourense en 1884[1]. Foi presidente da Academia de Xurisprudencia e decano do Colexio de avogados de Ourense.
Vida persoal
Casou con Antonia Ansoar e foi pai de Eladia Pedrayo Ansoar (e avó de Ramón Otero Pedrayo).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas