O Rally de Terra Xacobeo 93 foi a última proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Celebrouse nas inmediacións de Santiago de Compostela o 24 de novembro de 1991 e o vencedor foi Tito Rodríguez, a bordo dun Citroën AX Proto.[1]
O piloto do Carballiño Andrés González chegaba a este rally como líder do campionato, seguido a pouca distancia por Manuel Senra, proclamándose campión galego por segunda vez despois do abandono de ambos.[2] Foi a única edición de dito rally xa que a Escudería Compostela, organizadora da proba, suspendeu por falta de financiamento a edición de 1992, así como o Rally Botafumeiro e outras probas previstas para ese ano.[3]
Clasificación
Notas
- ↑ "Alen impugnará el rally Xacobeo, que decidía el campeonato gallego de carreras de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de novembro de 1991. p. 42.
- ↑ "Andrés González confirmado com o campeón gallego de rallies de tierra 1991". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de decembro de 1991. p. 50.
- ↑ "La Escudería Compostela suspende cuatro pruebas previstas para este año". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 1992. p. 54.