Rafael Freire Luz, nado o 11 de febreiro de 1992 en Araçatuba (Estado de São Paulo) é un xogador profesional de baloncesto brasileiro. Cunha estatura de 1,88 metros xoga na posición de base para o MoraBanc Andorra da Liga LEB Ouro.
Traxectoria
O 26 de xuño de 2015, Luz anunciou a súa marcha do Obradoiro CAB tras tres tempadas en Santiago nas que se converteu no máximo asistente da historia do equipo con 345 asistencias. Na súa derradeira tempada co Obradoiro na Liga Endesa, Luz participou en 33 partidos, nos que fixo 6.6 puntos, 3.6 asistencias e 1.1 roubos de balón en 21.5 minutos de xogo por encontro.[1]
O 15 de xullo de 2016, tras un ano no Flamengo brasileiro, volveu á Liga ACB tras asinar un contrato de dúas tempadas co Laboral Kutxa Baskonia.[2]
O 19 de xullo de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo BC Andorra da Liga ACB.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas