Rachel's foi un grupo estadounidense de música de cámara formado en Louisville, Kentucky, no ano 1991. O antigo guitarrista de Rodan Jason Noble tocaba música en solitario e referíase a si mesmo como Rachel's pero comezou a colaborar co violinista Christian Frederickson e a pianista Rachel Grimes, que se converterían nos outros membros principais do grupo. O traballo da banda estivo fortemente influenciado pola música clásica, e particularmente inspiradona música minimalista de finais do século XX. A pesar de que o núcleo de Rachel's era o trío mencionado, as gravacións e actuacións do grupo contaron cunha formación cambiante de músicos, que tocaban varios instrumentos de corda (incluíndo viola e cello) en combinación con piano, guitarras, baixo eléctrico e batería. Unha influencia clave na música de Rachel's foi o compositor inglés Michael Nyman, a cuxa música se asemella tanto a instrumentación como o estilo compositivo do grupo.
Un perfil da banda está incluído no libro Second-Hand Stories: 15 Portraits of Louisville de Michael L. Jones.
Jason Noble morreu de cancro o 4 de agosto de 2012,[1] e Edward Grimes morreu o 25 de marzo de 2017.[2]
Discografía
Álbums
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas