Río Xares

Modelo:Xeografía físicaRío Xares
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
Altitude inicial2.046 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaprovincia de Ourense, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPena Trevinca Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaprovincia de Zamora, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Bibei Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°14′46″N 6°47′49″O / 42.246081, -6.796933
42°19′48″N 7°10′02″O / 42.329925, -7.167258
Afluentes
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións50,83 (lonxitude) km
Medicións
Caudal6,39 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Xares é un afluente do Bibei pola súa beira dereita (que á súa vez é afluente do Sil), tendo todo o seu percorrido -47,5 km- dentro da provincia de Ourense. Dálle nome á parroquia de Santa María de Xares (A Veiga).

Curso

O Xares nace nas inmediacións da Pena Trevinca, a 1.900 m de altura, no concello da Veiga, e únese ao Bibei en Entrambasaugas, nas proximidades de Chandoiro, no concello do Bolo. Desde o seu nacemento atravesa os concellos de A Veiga e O Bolo, facendo ao final linde entre este concello e o de Larouco. Na confluencia do Xares e o Bibei, confinan os concellos do Bolo, Larouco e Manzaneda.

O seu afluente principal é o río de Corzos, que o recolle pola esquerda.

A superficie da súa cunca é de 311 km². O réxime do río é de tipo pluvio-nival, o que significa que ademais dos máximos de caudal nos meses invernais, tamén os mantén na primavera a causa da afluencia de augas de desxeo.

O Xares ábrese nas proximidades da localidade da Veiga, cabeza do concello homónimo, o que se mantiña na Alberguería, hoxe lugar desaparecido baixo as augas do encoro de Prada, a partir de aí corre encaixado ata a súa unión co Bibei.

Ademais do encoro de Prada, o Xares remansa noutro: o de Santiago ou Santalla.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!