O Chari (en árabe نهر شاري Bahr Xari, valendo bahr por "río") é un río da África Central, que verte as súas augas no lago Chad, despois de percorrer 1.200 km.
Descrición
O Chari nace na República Centroafricana, cerca da localidade de Mbala, e logo de atravesar o Chad, con percorrido sinuoso, desemboca no lago Chad. O caudal que o Chari desauga representa o 90 % das contribucións hídricas do lago. Na última parte do seu curso, desde a cidade de Ndjamena, o Chari marca a fronteira entre o Chad e o Camerún. A súa conca cobre unha área de 548.747 km².
O Chari é a fonte dunha importante actividade pesqueira. O peixe máis abundante é a perca do Nilo.
Afluentes
Os tributarios principais do Chari son:
- Pola marxe dereita:
- Pola beira esquerda:
No seu curso, o río crea varias correntes secundarias ou brazos, dos que cómpre destacar os seguintes:
Localidades que atravesa
Ás beiras do Chari fican as seguintes localidades a destacar: