Esta especie ten a fama de ser a ave (non doméstica) máis numerosa do mundo,[2][1][3] e algúns estiman a súa poboación nuns 1 500 millónes de individuos.[4]
Quelea quelea mide ao redor de 12,5 cm de lonxitude e ten un peso que oscila entre os 15 e os 20 g. Durante a reprodución, o macho distínguese da femia pola súa plumaxe máis colorida e polo bico vermello.
De modo pouco común, a plumaxe de reprodución do quelea macho é variábel: comprendidas a máscara facial que vai do negro ao branco, e o peito e o occipicio, que varían do amarelado ao vermello brillante.
Dada a súa ampla distribución xeográfica existen tres subespecies; ademais, poden hibridar de forma natural con especies similares, o cal dificulta aínda máis o seu recoñecemento.
Durante o resto do ano a plumaxe do macho aseméllase á das femias, cunha coloración beixe máis críptica. O pico da femia é amarelo durante a reprodución, e vermello nas estacións non reprodutivas.
Ecoloxía
É común en todo tipo de espazos abertos con arbustos ou árbores dispersas, incluíndo campos de cultivo, pero ten unha maior preferencia polos bosques abertos. Cando alimentan aos pitos cazan insectos, pero a súa alimentación durante o resto do ano son as sementes.
Vive e reprodúcese en bandadas xigantescas que cando voan por un lugar poden pasar até cinco horas pasando. Viven en rexiones esteparias, sabanas, zonas de matogueiras e pasteiros da África subsahariana. Quelea quelea é un membro do grupo dos chamados tecedores, paxaros que constrúen niños moi elaborados, que son fabricados tecendo febras de herbas e outros materiais vexetais. A maioría dos tecedores viven en África, pero outros se encontran na península de Arabia, na India, no sueste Asiático, na China e en Indonesia.
En África Quelea quelea está considerado como unha praga. Viaxa en grandes bandadas e destrúe os cultivos sen evitar os asentamentos humanos. Mentres buscan alimento poden voar sen cansar grandes distancias cada día. O alimento desta especie consiste de sementes de herbas e cereais. Tan pronto como asoma o sol, xúntanse as bandadas e cooperan na busca dun lugar de alimentación adecuado. despois de encontralo, establécense alí rapidamente. A miúdo causan serios danos aos cultivos. contra o mediodía descansan en zonas sombreadas próximas á auga, e pasan o tempo acicalándose. Na tarde voan novamente en busca de máis alimento.
Reprodución
É unha ave gregaria que cría en colonias. Constrúen os seus niños xuntos uns dos outros, aparecendo moitas veceso varios nunha mesma rama. Os machos, como os de todas as especies da familia dos ploceidos, son os encargados de consruíren os niños que usan como unha forma de exhibición para seduciren ás femias receptivas; no caso desta escpecie, tecen un niño pequeno. As colonias poden encontrarse cerca de corpos de auga.
A estación reprodutiva comeza coas chuvias estacionais, que chegan en tempos diferentes nas distintas partes da súa área de distribución, comezando polo noroeste ao redor de principios de novembro. Os machos reprodutores primeiro tecen con herbas e palla un ovoide semicompoleto. Despois de que a femia examinou a construción, lle gustou, e se produciu o apareamento, ambos os membros da parella conclúen o tecido do niño. A femia pon de dous a catro ovos de cor azul clara, e os choca durante doce días. Ao naceren os pitos, son alimentados durante algúns días con eirugas e insectos ricos en proteínas. despois os pais lles cambian a alimentación, subministrándolles principalmente sementes. Os pitos, ao emplumaren, xa son o suficientemente independentes como para dexaren aos seus padres ao cabo de aproximadamente dúas semanas no niño. Alcanzan a madurez sexua cando teñen un ano de idade, pero moitas femias morren antes da madureza, deixando a moitos machos sen posibilidade de parella.
Distribución
A área de distribución de Quelea quelea cobre a maior parte da África subsahariana, excluíndo as árexións de selva tropical húmida e a parte sur de Suráfrica. Son consideradas como pragas polos agricultores debido aos danos que provocan, e moitas veces son comparadas coas lagostas, cando caen sobre os campos de cereais.
Dado que teñen poucos inimigos naturais, a súa poboación alcanza uns 1 500 000 000 individuos. Incluso medidas como dinamitar as súas colonias de nidificación e o uso de velenosorganofosforados non lograron diminuír significativamente o seu número. Poden eliminar moitos campos de cultivo nun curto período de tempo.
Especie invasora en España
Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os seus hábitats ou os seus ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto.
Craig, Adrian (2010): "Family Ploceidae (Weavers)". En del Hoyo, J.; Elliott, A. & Christie, D. A. Handbook of the Birds of the World 15. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-368-2.
del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4.
Sekercioglu, Cagan Hakki (2006): "Foreword". En: Josep del Hoyo, Andrew Elliott & David Christie (eds.) Handbook of the Birds of the World 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Barcelona: Lynx Edicions. p. 48. ISBN 978-84-9655-306-4.