Queixo de Murcia

O Queixo de Murcia é un queixo de leite de cabra pasteurizada con denominación de orixe protexida. Elabórase en España, concretamente en todos os municipios da provincia de Murcia.

A D.O. protexe a dous tipos de queixo. Por un lado está o queixo fresco, graxo, non madurado, con forma cilíndrica dunha altura entre cinco e oito centímetros e codia practicamente inexistente, mostrando o gravado de pleita. Por outro, o curado, que é tamén graxo, de pasta prensada e non cocida e que se presenta en forma de cilindro lixeiramente máis alto, entre 7 e 9 centímetros; a codia é lisa e sen marcas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!