O queixo crema é un tipo de queixo untábel que se obtén ao callar mediante fermentos lácticos unha mestura de leite e nata. Este tipo de queixo adóitase consumir acompañado de pan, sendo común o uso do mesmo en torradas.
Por regra xeral expéndese na súa presentación orixinal, se ben hai diversas versións do mesmo como: light (de calorías reducidas) e/ou saborizado (allo, cebola, touciño, picante, queixo azul, finas herbas etc.)
Curiosidade
O nome de queixo Filadelfia provén do fenómeno de vulgarización ou metonimia, xa que este nome é unha marca comercial rexistrada da Kraft Foods.