Purple Mountains foi un proxecto musical estadounidense de indie rock formado polo músico e poeta David Berman. O proxecto estreouse en maio de 2019, unha década despois da disolución do seu anterior grupo, Silver Jews. O álbum Purple Mountains foi publicado en xullo de 2019. O disco gravouse principalmente en Chicago e foi producido por Jarvis Taveniere e Jeremy Earl da banda Woods.[1]
O proxecto supostamente quedou disolto despois da morte de Berman o 7 de agosto de 2019.[2]
Historia
Berman regresou á música no ano 2018, coproducindo o aclamado álbum de Yonatan Gat Universalists.[3][4] O 12 de decembro de 2018 Bob Nastanovich, antigo membro de Pavement e Silver Jews, revelou no seu podcast Three Songs que David Berman editaría música nova en 2019 baixo o nome Purple Mountains, que tamén era o nome do blog de Berman.[5]
O 10 de maio de 2019 Berman editou a súa primeira música en máis dunha década, un sinxelo titulado "All My Happiness Is Gone", lanzado en vinilo por Drag City usando o alcume Purple Mountains. O sinxelo inclúe dúas remesturas da canción, "All My Happiness Is Wrong" de Noah Count e "All My Happiness Is Long" de Mark Nevers con gravacións recortadas de Dave Cloud. Tamén acreditaba a Berman, Jeremy Earl e Jarvis Taveniere de Woods, Aaron Neveu e a compositora Anna St. Louis.[6][7] O sinxelo foi editado dixitalmente o 17 de maio de 2019 co anuncio dun álbum.[8] O disco, Purple Mountains, acompañado por unha xira polos Estados Unidos, apareceu o día 12 de xullo.[9][10] "Darkness and Cold" foi editado como segundo sinxelo do álbum o 11 de xuño de 2019. "Margaritas at the Mall" sería o terceiro e derradeiro sinxelo, apararecido o 28 de xuño.[11]
Unha remestura de "All My Happiness Is Gone" feita polo grupo australiano de música electrónica The Avalanches, coa cal Berman colaborara no pasado, foi comisionada por el, pero un problema de licenzas impediu que se liberase a súa versión.[12]
Berman suicidouse o día 7 de agosto de 2019.[2]
Discografía
Álbums
Notas