Concepción Pura González Varela, nada na Coruña o 22 de setembro de 1874 e finada na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1958, foi unha música e profesora galega.
Traxectoria
Filla de Secundino González Valdés e Patrocinio Varela e irmán de Urbano González. Alumna de Canuto Berea Rodríguez, ingresou na Escola Nacional de Música e Declamación de Madrid na que acadou premios en piano e harmonía. Intérprete de piano. Foi nomeada profesora de música da Escola Normal de Mestras da Coruña en 1899.[1] Deu concertos no teatro Principal da Coruña e no Círculo de Artesáns e outros locais de Santiago de Compostela. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou na Coruña o 30 de xaneiro de 1958.[2]
Vida persoal
Casou na Coruña con Manuel Lugrís Freire o 14 de agosto de 1902,[3] e foi nai de Manuel, Secundino, Pilar, Urbano e Purificación Lugrís González.
Notas
- ↑ El Eco de Galicia, 18-11-1899, p. 2.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 31-1-1958, p. 4, 7.
- ↑ La Voz de Galicia, 15-8-1902, p. 2.
Véxase tamén
Ligazóns externas