Pterocles
Pterocles é un xénero de aves da familia dos pteróclidos, chamadas gangas[1] ou cortizois[2]. Inclúe todas as espeies da familia excepto dúas especies de Asia central do xénero Syrrhaptes (gangas das estepas[3]).
Estas gangas teñen cabezas e pescozos pequenos como os das pombas, pero corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e bicudas e ás veces tamén son así as colas. As patas están emplumadas ata as dedas, pero, a diferenza das especies do xénero Syrrhaptes, as dedas non teñen plumas.
As especies de Pterocles teñen un voo rápido e directo, e as bandadas voan ao amencer e solpor ás pozas de auga.
Poñen dous ou tres ovos directamente no chan. Son de cor beixe ou verdoso con marcas crípticas. Todas as especies son residentes.
Taxonomía
O xénero Pterocles foi introducido en 1815 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck.[4] O zoólogo inglés George Robert Gray designou despois a ganga de barriga branca (hoxe Pterocles alchata) como especie tipo.[5][6] O nome do xénero significa 'á espléndida', do grego pteron, 'á' e -klēs, 'notable, espléndida'.[7]
Especies
O xénero contén 14 especies existentes:[8]
Imaxe |
Nome común |
Nome científico |
Distribución
|
|
ganga de barriga branca |
Pterocles alchata |
Norte de África e Oriente Próximo, Turquía, Irán, Iraq e Casaquistán, España, Portugal
|
|
|
Pterocles namaqua |
Angola, Namibia, Zimbabwe, Botswana, Lesotho e Suráfrica
|
|
|
Pterocles exustus |
África do norte e central e sur de Asia
|
|
|
Pterocles senegallus |
Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, Sudán, Exipto, Eritrea, Somalia, Etiopía, Xibutí, Mali, Mauritania, Chad e Níxer
|
|
ganga de barriga negra |
Pterocles orientalis |
Iberia, noroeste de África, as illas Canarias, Turquía, Irán, Chipre e Israel
|
|
|
Pterocles coronatus |
Norte de África e Oriente Próximo
|
|
|
Pterocles gutturalis |
Angola, Botswana, Eritrea, Etiopía, Kenya, Namibia, Suráfrica, Tanzania, Zambia e Zimbabwe.
|
|
|
Pterocles burchelli |
Angola, Namibia, Botswana, Zambia, Zimbabwe e Suráfrica
|
|
|
Pterocles personatus |
Madagascar
|
|
|
Pterocles decoratus |
Etiopía, Kenya, Somalia, Tanzania e Uganda.
|
|
|
Pterocles lichtensteinii |
Alxeria, Chad, Xibutí, Exipto, Eritrea, Etiopía, Libia, Mali, Mauritania, Marrocos, Níxer, Senegal, Somalia, Sudán, Uganda, Irán, Iraq, Xordania, Omán, Paquistán, Palestina, Arabia Saudita, Israel, Emiratos Árabes Unidos e Iemen.
|
|
|
Pterocles bicinctus |
sur de África.
|
|
|
Pterocles indicus |
Bangladesh, India e Paquistán.
|
|
|
Pterocles quadricinctus |
África desde Mauritania e Camerún e ao leste ata Sudán e Uganda
|
Ademais, coñécese unha especie fósil, Pterocles bosporanus, do Plistoceno temperán de Crimea.[9]
Notas
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Definición de Pterocles no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Temminck, Coenraad Jacob (1815). Histoire Naturelle Générale des Pigeons et des Gallinacés (en French) 3. Amsterdam: J. C. Sepp et fils. pp. 238, 712.
- ↑ Gray, George Robert (1840). A List of the Genera of Birds : with an Indication of the Typical Species of Each Genus. Londres: R. and J.E. Taylor. p. 62.
- ↑ Peters, James Lee, ed. (1937). Check-List of Birds of the World 3. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 3.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 322. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (xaneiro de 2022). "Turacos, bustards, cuckoos, mesites, sandgrouse". IOC World Bird List Version 12.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 14 de agosto de 2022.
- ↑ Zelenkov, N. V. (2023-08-01). "A New Species of Sandgrouse (Aves: Pteroclidae) from the Early Pleistocene of the Crimea". Doklady Biological Sciences (en inglés) 511 (1): 264–266. ISSN 1608-3105. PMID 37833584. doi:10.1134/S0012496623700497.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|