Psettodes bennetti é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos psetodoideos e familia dos psetódidos,[1] unha das tres do xénero Psettodes,[2] coñecida en galego como linguado espiñoso.[3]
Trátase dunha mariña, demersal, de certa importancia comercial, que vive en augas tropicais pouco profundas das costas do Atlántico oriental, desde o Sáhara Occidental até Liberia.[4]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN
- Nielsen, J. G. (1990): "Psettodidae". En J. C. Quero, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2.
Outros artigos