Prudencio Nandín Vicente foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Dono do establecemento hortícola e floraría La Paz en Vigo. Foi un dos socios fundadores da Sociedad Eléctrica Gallega co Marqués de Riestra (1899). Foi concelleiro de Vigo dende 1892 e tenente de alcalde. Foi nomeado alcalde de Vigo por Real Orde de 15 de xuño de 1901, tomando posesión o 19 de xuño[2]. Dimitiu do cargo en febreiro de 1903 e para sucedelo foi nomeado Manuel Posada García-Barros[3].