Cercanías San Sebastián ou Donostiako Aldiriak é unha das redes de Proximidades Renfe que dá servizo á cidade de Donostia, os municipios da súa área metropolitana leste e os municipios situados no val do río Oria e do río Deba ata Oñati.
Esta rede atópase na liña ferroviaria Madrid-Irún, polo que os trens de proximidade comparten vías con servizos rexionais e de longo percorrido. O trazado está electrificado e con dobre vía.
O núcleo ten unha única liña, C-1, que une Irún e Oñati pasando por Donostia.
O material móbil empregado son trens da serie 440 reformados e da serie 446.
Liñas
C-1 Proximidades Donostia
|
Irún · Ventas de Irún · Lezo-Errenteria · Pasaia · Herrera · Ategorrieta · Gros · Donostia · Loiola · Martutene · Hernani · Hernani Centro · Urnieta · Andoain · Andoain Centro · Zizurkil · Anoeta · Tolosa Centro · Tolosa · Alegia · Ikaztegieta · Legorreta · Itsasondo · Ordizia · Beasain · Ormaiztegi · Zumarraga · Legazpi · Brinkola
|
Véxase tamén
Outros artigos