A Professional Women's Hockey League ou PWHL (en francés Ligue professionnelle de hockey féminin ou LPHF) é unha liga profesional feminina de hóckey sobre xeo do Canadá e os Estados Unidos. É propiedade e está operada na súa totalidade por Mark Walter Group. A liga foi fundada en 2023 e está integrada por seis equipos, tres de cada un dos países, que xogan unha liga regular para determinar que catro equipos disputan os play-offs que determinan o equipo campión.
Equipos
Palmarés
Asistencia
Na súa tempada inaugural a PWHL bateu varios récords de audiencia. O 27 de xaneiro de 2024, durante o partido que disputaron Montreal e Ottawa no Place Bell de Laval (Quebec) rexistrouse a maior audiencia a un partido profesional de hóckey sobre xeo feminino no Canadá logo de rexistrar 8 646 persoas nas bancadas.[1] Posteriormente, no Little Caesars Arena de Detroit superouse o récord de asistencia a un partido feminino nos Estados Unidos de América con 13 736 persoas nas bancadas durante a vitoria de Boston fronte a Ottawa o 16 de marzo de 2024.[2] O 16 de febreiro de 2024 superouse un novo rexistro de asistencia cando 19 285 persoas presenciaron en directo no Scotiabank Arena de Toronto o partido entre Toronto e Montreal.[3] Con todo, o maior fito da competición chegou o 20 de abril de 2024, cando 21 105 persoas encheron o Bell Centre de Montreal durante o partido entre o equipo local e Toronto, converténdose deste xeito no partido máis visto na historia do hóckey sobre xeo feminino.[4]
Radiodifusión
Internacionalmente a liga pode seguirse vía streaming a través da canle da súa canle oficial de YouTube. No Canadá a canle de televisión Sportsnet foi a primeira en confirmar que emitiría algúns partidos da competición, e pouco despois anunciouse que TSN e RDS, esta última con programación en lingua francesa, retransmitirían partidos da liga regular e dos play-offs. O 1 de xaneiro de 2024, TSN deu cobertura ao partido inaugural da PWHL entre New York e Toronto, que finalizou coa vitoria (4-0) do equipo estadounidense.[5] Nos Estados Unidos, a liga está dispoñible rexionalmente en Bally Sports North, NESN, SportsNet Pittsburgh e MSG Network.[6][7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Equipos | |
---|
Tempadas | |
---|
Drafts | |
---|
Persoal | |
---|
Trofeos | |
---|