O Premio Raíña Lupa é un premio de literatura infantil e xuvenil[1] en lingua galega, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña[2] desde 1998. No ano 2024, na 18ª edición, establecéronse dúas categorías: modalidade infantil e modalidade xuvenil.
Obras premiadas
Ano
|
Obra
|
1998 (I edición)
|
Cos pés no aire, de Agustín Fernández Paz
|
1999 (II edición)
|
Velaí vai o verme, de Mario Pereira Fernández
|
2000 (III edición)
|
Resalgario en Traslicia, de Antonio Reigosa Carreiras
|
2002 (IV edición)
|
O armiño dorme, de Xosé A. Neira Cruz
|
2004 (V edición)
|
Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro Vázquez
|
2006 (VI edición)
|
Viaxe a Libunca, de Antonio Yáñez Casal
|
2008 (VII edición)
|
A peripecia de Roi, de Carlos López Gómez
|
2010 (VIII edición)
|
Centauros do norte, de Marcos Calveiro[3]
|
2012 (IX edición)
|
Reo, de Xesús Fraga Sánchez
|
2015 (X edición)
|
Vidas cruzadas, de Héctor Cajaraville Araújo
|
2017 (XI edición)
|
A filla do Minotauro, de Marilar Aleixandre[4]
|
2018 (XII edición)
|
O grupo, de An Alfaya[5]
|
2019 (XIII edición)
|
Antía e Daren, de Valentín Alvite Gándara
|
2020 (XIV edición)
|
O enigma de Santiago, de Xosé A. Neira Cruz[6]
|
2021 (XV edición)
|
Que me pare o corazón, de Andrea Maceiras.[7]
|
2022 (XVI edición)
|
A tribo do mar, de Lois Pérez Díaz.[8]
|
2023 (XVII edición)
|
As pedras verdes, de Rafael Fernández Lorenzo.[9]
|
2024 (XVIII edición)[10] |
Terás que crela de Érica Esmorís (modalidade infantil)
|
Unha historia de amor como outra calquera de Rosa Aneiros (modalidade xuvenil)
|
Notas