O Premio Bodil (Bodilpris) é un dos máis antigos premios cinematográficos daneses, outorgado pola Asociación Nacional de Críticos de Cine de Dinamarca (Filmmedarbejderforeningen).
Historia e características
Foi concedido por vez primeira o 28 de abril de 1948, e premia a filmes e actores aos cales os críticos consideran de máis mérito, sen ter en conta intereses comerciais. Entréganse anualmente nunha cerimonia que se celebra no Cine Imperial en Copenhaguen. O seu nome fai referencia a dúas importantes actrices danesas, Bodil Kier e Bodil Ipsen.
O trofeo representa unha figura feminina feita en porcelana e foi deseñada polo artista Ebbe Sadolin e esculpido por Svend Jespersen.
Categorías
Existen as seguintes categorías:
- Mellor película danesa (desde 1948)
- Mellor actor principal (desde 1948)
- Mellor actriz principal (desde 1948)
- Mellor actor secundario (desde 1948, intermitente)
- Mellor actriz secundaria (desde 1948, intermitente)
- Mellor película estadounidense (desde 1948)
- Mellor película non estadounidense (desde 1948)
- Mellor documental ou curtametraxe (desde 1948, intermitente)
- Mellor película europea (1961-2000)
- Mellor película non europea (1961-2000)
- Mellor director de fotografía (desde 2004)
- Premio Bodil especial (desde 2008)
- Premio Honorario (desde 1951, intermitente)
Véxase tamén
Ligazóns externas