Premio Antón Risco de literatura fantástica

O premio Antón Risco de literatura fantástica é un certame literario galego creado en 2015.[1] Distingue con 3.000 euros e a publicación do libro un texto inédito escrito en lingua galega ou portuguesa cuxa temática xire ao redor do xénero da literatura fantástica. Leva o nome do escritor de Allariz Antón Risco e está organizado por Urco editora en colaboración con Sacauntos Cooperativa Gráfica e a Fundación Vicente Risco[2].

Gañadores

Edición Ano Gañador Obra Outras mencións
Primeira 2015[3] Antonio Manuel Fraga Querido H.P.L. A obra Peixe Babel de Carlos Quiroga foi a outra finalista.
Segunda 2016[4] Fausta Cardoso Pereira Dormir com Lisboa As obras O neno que soñaba coa Lúa e mais Penumbra foron finalistas.
Terceira[5] 2017 Luis Rodríguez Rivera Os mouros do Pico Sacro A obra Sopas New Campbell foi finalista.
Cuarta 2018 Rui Sota Sentado à sombra das peças do tabuleiro de xadrez .
Quinta 2019 Deserto

Notas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!