Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
Denomínanse como precursores aqueles escritores que desenvolveron a súa actividade literaria entre os anos 1833 e 1863. Son as voces ilustradas e patrióticas dos galegos que denuncian a situación da lingua e a cultura galegas.[Cómpre referencia] A súa temática é máis próxima ao realismo xa que primordialmente reflicten acontecementos que lles toca vivir a eles e aos do seu redor. Reciben este nome por cumpriren o papel de iniciadores da literatura galega e o renacemento da súa cultura. Os precursores desenvolven órganos xornalistas na lingua galega e así prepararon o terreo para a chegada do Rexurdimento pleno.
Había por aquel entonces escritores que ensalzaban la hermosura de nuestras catro provincias, que las defendían con color de los agravios de los que eran víctimas, que interrogaba a su pasado, que trataban de infundir un novo espíritu en este pueblo, a la sazón más que muerto.
”
Murguía situaba a Antolín Faraldo como un dos máis importantes porque tiña unha reflexión sistemática e ordenada. Estes fundaron periódicos con cabeceiras como: El Centinela de Galicia e El Iris de Galicia. Reivindican a recuperación da unidade galega e queren unha única representación, cousa que non se cumpre pola subdivisión de provincias.
Contexto histórico
No século XIX xorde un movemento de carácter filolóxico e literario baseado na defensa do galego como lingua literaria, chamado Rexurdimento. Ocorreron acontecementos inaugurais como os Xogos Florais da Coruña (1861) e a publicación de Cantares gallegos (1863) escrito por Rosalía de Castro, que foi a primeira obra escrita en galego na súa totalidade. A aparición deste fenómeno está relacionada as ideoloxías galeguistas da época (provincialismo e rexionalismo). Está marcado tamén pola creación das primeiras gramáticas e dicionarios. Os Xogos Florais tiñan como obxectivo fomentar a literatura galega e tiveron unha importante influencia na cultura de Galiza xa que defendían a supervivencia do idioma. Neles premiábase a mellor obra escrita en galego. Coa Guerra da Independencia contra os franceses aumenta o sentimento de identidade galega e sae a palestra a primeira promoción galeguista (a cabeza de Antolín Faraldo).