Praia de Rebordelo Vista da praia de Rebordelo.
Características xerais Lonxitude 250 m Largo medio 45 m Grao de ocupación Medio Grao de urbanización Ningún Características específicas Tipo de area Grosa Aspectos medioambientais Presenza de vexetación Si Accesibilidade Tipo de acceso Estrada Sinalización do acceso Si
Fervenza de Rebordelo.
A praia Rebordelo é un areal situado na parroquia de Canduas , en Cabana de Bergantiños . Está bañada polas augas do océano Atlántico onde se forma a ría de Corme e Laxe en plena Costa da Morte .
Ten un fácil acceso dende o lugar de Rebordelo e é a praia máis visitada polos veciños cabaneses e polos turistas, debido en gran parte a que esta salvagardada de case todos os tipos de vento. Nesta praia desemboca o rego de Rebordelo, e tamén ten unha fervenza natural de augas claras.
Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como a maragota (Labrus bergylta ), a robaliza (Dicentrarchus labrax ) ou o sargo (Diplodus sargus ); crustáceos como o camarón , cangrexo e boi ; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis ) a lapa ou o percebe ; e aves como a gaivota , o corvo mariño ou o mazarico .
Conta cun pequeno aparcadoiro e duchas, e no verán con servizo de socorrismo. É a única praia de Cabana que conta con grellas e mesas.
Por esta praia pasa a 3ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros .
Véxase tamén
Outros artigos