A praia de Muro, que xunto coa praia de Alcúdia forma o resto dunar da albufera de Mallorca, é unha das praias máis longas das Illas Baleares. Por mor da súa grande extensión (5,2 km) está dividida en catro tramos: Praia de Muro - sector I, Praia de Muro - sector II, Praia de Muro - Es comú e Praia de Muro - Es Capellans.[1] As catro praias están situadas no concello de Muro, e en concreto a praia de Muro-Es Comú está a un quilómetro da vila de Can Picafort e a 10,5 km de Muro, situada entre a praia de Muro-Es Capellans, e é un espazo natural de interese especial.
A auga desta praia é transparente e a area moi fina.
Notas