Praia de Morouzos |
---|
|
|
|
Características xerais |
---|
Lonxitude | 2.000 m |
---|
Largo medio | 110 m |
---|
Grao de ocupación | Media |
---|
Grao de urbanización | Ningún |
---|
Paseo marítimo | Non |
---|
Características específicas |
---|
Composición | Fina |
---|
Tipo de area | Escura |
---|
Condicións do baño | Ondas moderadas |
---|
Aspectos medioambientais |
---|
Bandeira Azul | Si |
---|
Accesibilidade |
---|
Tipo de acceso | Pasarelas |
---|
Sinalización do acceso | Si |
---|
A praia de Morouzos é o nome co que se coñece un dos extremos dun extenso areal na parroquia de Luama, no Concello de Ortigueira. O outro extremo é a praia de Cabalar. Conta cunha importante extensión dunar e dun piñeiral cunha área recreativa que conta con lareiras, bancadas e xogos infantís.
Datos
Situada nunha contorna rural, trátase dun areal orientado cara ao norte na desembocadura da ría. Ten unha lonxitude aproximada de 2.000 metros e unha anchura duns 110 metros. O grao de ocupación adoita ser medio debido ao seu parcial illamento.
É característica a cor negra da area así como as ondas moderadas. É meritoria da bandeira azul polo seu elevado número de servizos; a praia conta con aseos, duchas, pasarelas de acceso, papeleiras, servizo de limpeza, equipo de vixilancia e salvamento, sinalización de perigo, posto de socorrismo e aparcadoiro de gran capacidade.
Enfronte atópase a Illa de San Vicente, á cal pódese acceder a pé, con precaución, durante a baixamar, desde onde contemplar as vistas sobre a ría de Ortigueira.
No piñeiral anexo á praia adoitan acampar de xeito gratuíto os asistentes ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Galería de imaxes
Acampada durante o Festival Celta