A praia de Covas é unha praia de 1650 m de lonxitude, situada no concello de Viveiro. Esta praia goza de instalacións e servizos, e de alta ocupación na tempada estival, dotada de paseo marítimo, de augas tranquilas, con equipos de salvamento e seguridade e acceso para discapacitados.
Na parte occidental da praia hai unhas rochas sobresaíntes coñecidas como Os Castelos. Nestas rochas levántase un monumento dedicado á lembranza da Santa María Magdalena e do bergantín Palomo que naufragaron xuntos nunha noite de terrible temporal, o ano 1810 causando máis de 500 vítimas.[1] Restos do naufraxio adornan algúns cantos da cidade: canóns no Parque de Pernas Peón[2], xunto á praia de Covas, e áncoras nalgunha praza da zona urbana, e no propio monumento dos Castelos.
Notas