Neste punto consérvase un pequeno treito da primitiva estrada ZA-106, que foi substituída pola nacional N-525 cando, en 1975, se abriu a variante entre Padornelo e A Canda, que pasou a acurtar o traxecto de 21 a 11,5 km. Dende 2003, a inauguración do tramo entre Ourense e Benavente da autovía A-52 evita a subida ao porto grazas a un túnel de 450 m que fura o contraforte máis meridional do Pico de Aguallal (da serra Segundeira), a uns poucos centos de metros da portela da Canda.
Toponimia
O fitónimogalego A Canda refírese a unha póla de árbore usada para alumear, a partir do latíncandănu.[1]