O porco vasco (en éuscaro: euskal txerri, en francés: pie noir du Pays basque) é unha raza porcina orixinaria do País Vasco. Tal e como se suxire polo seu nome en francés, os porcos vascos son pegos (brancos e negros).
Historia
O que hoxe en día se coñece como porco vasco é unha das varias razas de porco que foron criadas historicamente polo pobo vasco, e que foi consolidada con este nome na década de 1920[1]. Aínda que eran relativamente comúns até o século XX, os porcos vascos estiveron a piques de desaparecer en 1981[1], con menos de 100 femias en idade reprodutora[2].
Hoxe en día o porco vasco críase en pequenas granxas de Francia e España especializadas en comida tradicional vasca[3][4].
Características
Os porcos vascos medran máis lentamente e desenvolven máis graxa que as razas modernas como o Large White[5], facéndoos pouco axeitados para a produción cárnica intensiva mais ideais para facer produtos curados de calidade[2]. As femias paren arredor de nove bacoriños e teñen un forte instinto maternal[1].
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Gómez Fernández, M. Universidade de Córdoba, ed. "The Conservation Programme for Basque Pig Breeds" (PDF). Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Hirigoyen, Gerald e Cameron (1999). HarperCollins, ed. The Basque Kitchen: Tempting Food from the Pyrenees. pp. 17. ISBN 9780067574614.
- ↑ Rubino, Roberto (2006). Wageningen Academic Pub, ed. Livestock Farming Systems: Product Quality Based on Local Resources Leading to Improved Sustainability. pp. 177–182. ISBN 9789076998633.
- ↑ Pietrasik, Andy (3 de xullo de 2010). "A Basque banquet". The Guardian. Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ Slow Food Foundation (ed.). "Txerrikia Basque pig". The Ark of Taste. Consultado o 18 de marzo de 2016.
Véxase tamén
Outros artigos