O pop progresivo é música pop que intenta romper coa fórmula estándar do xénero, ou unha variante do rock progresivo que se escoitaba na radio AM nos anos 70 e 80. Orixinalmente foi chamada así polo primeiro rock progresivo dos anos 60. Algunhas características estilísticas do pop progresivo son ganchos e vermes auditivos (earworms), instrumentación pouco ortodoxa ou colorida, cambios na tonalidad e o ritmo, experimentos con formas musicais máis grandes e tratamentos inesperados, disruptivos ou irónicos de convencións pasadas.
O movemento comezou como un subproduto da expansión económica de mediados dos 60, cando os selos discográficos comezaron a investir en artistas, permitíndolle un control limitado sobre o seu propio contido e comercialización. Grupos que combinaban rock and roll con outros estilos musicais como ragas indias e melidías con influencias asiáticas influíron na creación do rock progresivo (ou "prog"). Cando as vendas dos discos de prog comezaron a baixar, algúns artistas volveron a un son máis accesible que seguiu sendo comercialmente atractivo ata os anos 90.
Definición
O termo "progresivo" refírese ao amplo rango de intentos de romper coas fórmulas estándar da música pop a través de métodos como unha maior intrumentación, letras personalizadas, arranxos máis sofisticados, cambios de ritmo, e improvisación individual.[1] A premisa involucrou a música popular que se compoñía coa intención de ser unicamente escoitada e non bailada, e opúxose á influencia dos xerentes, axentes ou compañías discográficas.[2] A música progresiva tamén foi producida principalmente polos propios artistas intérpretes ou executantes.[3] En 1970, un periodista da publicación británica Melody Maker, describiu o pop progresivo como música producida que é atractiva para as masas, pero menos desbotable que o pop máis tradicional.[4] Algunhas características estilísticas inclúen cambios de ton e ritmo ou experimentos con formas máis longas.[5] En termos de estrutura tonal, o pop progresivo é semellante ao rock and roll no desmantelamento da harmonía como estrutura organizativa básica. Porén, a difereza do rock and roll, o pop progresivo invirte as convencións recibidas, xogando con elas, interrumpíndoas ou producindo sombras delas en formas novas e inesperadas. Técnicas electrónicas como eco, retroalimentación, estéreo, sonoridade e distorsión poden utilizarse para dar á música a impresión de espazo e extensión lateral.[6]
O termo "pop progresivo" usouse orixinalmente para varios grupos de rock progresivo.[7] Este último xénero foi influenciado polos grupos "progresivos" dos anos 60 que combinaban o rock and roll con varios outros estilos como ragas indios, melodías orientais, e cantos gregorianos, como The Beatles e The Yardbirds.[8] En decembro de 1966, Melody Maker intentou definir os desenvolvementos recentes no pop. Nun artigo, titulado Progressive Pop, Chris Welch clasificou aos artistas utilizando termos previamente asociados co jazz; no máis avanzado destes avant garde, colocou a The Beatles, Cream, Love, The Mothers of Invention, Pink Floyd e Soft Machine, mentres que na categoría de "moderno" abarcou a The Byrds, Donovan e Small Faces.[9] Despois do lanzamento do álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band de The Beatles de 1967, revistas como Melody Maker trazaron unha liña entre pop e rock, eliminando así o "roll" de rock and roll (que agora se refire ao estilo dos anos 50). Os únicos artistas que se mantiveron dentro dol "rock" serían aqueles que se consideraban á vangarda dentro das formas de composición, lonxe dos estándares "amigables á radio", xa que os estadounidenses utilizaban cada vez máis o adxectivo "progresista" para grupos como Jethro Tull, Van Der Graaf Generator e King Crimson.
A finais dos anos setenta, o "pop progresivo" era máis ou menos sinónimo de "música rock".[10] Os autores Don e Jeff Breithaupt definen o pop progresivo nos 70 e 80 como "unha casta máis esvelta do pomp rock" derivado de The Beatles.[11] O músico Alan Parsons, que traballou como enxeñeiro no álbum Abbey Road dos Beatles (1969),[12] lembra que aínda que considerou que algunhas das súas cancións eran "pop puro", outros seguiron categorizando á súa banda (Alan Parsons Project) como "rock progresivo".[13] Parsons pensou que o "pop progresivo" era un nome mellor, explicando que "o que fixo [á nosa música] progresiva foi o son épico e a orquestación que moi pouca xente facía nese momento".[13]
Orixes
A mediados da década de 1960, a música pop fixo incursións en novos sons, estilos e técnicas. A palabra "progresista" usouse con frecuencia, e pensouse que cada canción e sinxelo ía ser unha "progresión" da anterior.[14]Paul McCartney dos Beatles insinuou en 1967: "aburríamonos un pouco facendo 12 compases todo o tempo, así que tratamos de entrar noutra cousa ... Entón viñeron [Bob] Dylan, The Who, e os Beach Boys ... Todos estamos tratando de facer vagamente o mesmo tipo de cousa".[15] Antes do pop progresivo de finais dos anos 60, os artistas eran incapaces de decidir sobre o contido artístico da súa música.[16] Brian Wilson, líder dos Beach Boys foi o primeiro en compoñer e producir a música do seu grupo, establecendo un precedente que permitiu a bandas e artistas entrar nun estudio de gravación e actuar como os seus propios produtores.[17]
O autor Bill Martin recoñece aos Beatles e aos Beach Boys como os cprincipais contribuíntes no desenvolvemento do rock progresivo, transformando o rock bailable en música feita para escoitar.[18] Citando un estudio de tempos da época, o musicólogo Walter Everett identifica que o álbum Rubber Soul dos Beatles de 1965 como unha obra que se "fixo máis para ser pensada que bailada", e un álbum que "comezou unha tendencia de longo alcance" na súa desaceleración dos tempos típicamente usados en música pop e rock.[19] Ao ser editado o Pet Sounds de The Beach Boys en 1966, o disco foi aclamado pola prensa británica como "o álbum máis progresivo nunca feito". Troy Smith de Cleveland cre que o álbum "estableceu ao grupo como o pai do pop progresivo, dende os acordes iniciais de "Wouldn't It Be Nice", un sinxelo de estilo Wall of Sound".[20]
Na opinión do autor Simon Grilo, o estoupido progresivo dos Beatles foi exemplificado no sinxelo dobre "Strawberry Fields Forever"/"Penny Lane" (1967).[21] Noutro exemplo das influencias recíprocas entre eles e os Beach Boys, os Beatles demostraron "un contido lírico paradóxico emparellado con música que era ao mesmo tiempo nova e antiga, rock e Tin Pan Alley, LSD e cacao, progresiva e nostálxica", todas as características que foron compartidas no Sgt Pepper's.[21] O musicólogo Allan Moore escribe: "Nese momento, o Sgt Pepper's parecía marcar a idade da música rock ... Agora, por suposto, cos recordos hastiados, pensamos niso como o inicio dunha era de pomposidade, con diferentes graos de gravidade... A cuestión despois de 1967 era se se podía confiar no pop/rock "progresivo", porque trataba temas "máis profundos" que as relacións interpersoais. Á longa, a resposta resultou ser non".[22]