Pontevea é un lugar da parroquia de Reis no concello coruñés de Teo, na comarca de Santiago.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 177 habitantes (84 homes e 93 mulleres).
Patrimonio
A ponte de Pontevea é unha construción do século XV que cruza o río Ulla, unindo as provincias de Pontevedra e A Coruña. Ten seis arcos con bóvedas oxivais de transición do románico ao gótico: tres deles semicirculares e outros tres lixeiramente apuntados. Os vértices suavizan a presión das augas.
Foi reformada en varias ocasións, a última na década de 1990, por mor dos danos sufridos en inundacións e na Guerra da Independencia. A finais do século XX construíuse outra ponte paralela.
A burga de Xermeade está a carón da ponte nova sobre o Ulla. É unha fonte cun cano que dá a un estanque circular. Un párroco, coñecedor das propiedades das augas, mandou construír unha casa de baños (actualmente en ruínas), e unha fonte e unha piscina a carón dela para que a xente pobre tamén se puidese beneficiar delas. Porén, coa morte do crego unha familia da zona fíxose cargo da burga e quixo privatizala, mais o pobo presentou un preito pola propiedade do manancial e gañouno. Tempo despois, a instalación do oleoduto Vigo-A Coruña a 20 metros cortou a veta que abastecía a fonte, mais a presión veciñal provocou a restitución do manancial.
As súas augas son sulfuradas -cloruradas sódicas-, e saen a uns 15 °C cun caudal moderado. Son usadas nas afecciones reumáticas, da pel, doenzas dos ollos, e como bebida para as do fígado.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Reis
Parroquias de Teo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos