A ponte da ría de Ferrol (nome non oficial) é unha ponte da autoestrada AP-9 que comunica os concellos de Neda e Narón sobre a ría de Xuvia, a ponte é libre de peaxe.
Historia
A construción da autoestrada ata Ferrol era unha vella reivindicación de ferrolterra, houbo que esperar ata o 15 de decembro de 2003[1] para a súa inauguración. Esta nova ponte dende Neda ata Narón cruzaba a ría de Xuvia cunha ponte de máis dun km de longo sobre piares.
A ponte está limitada a 100 km/h polo tamaño das beiravías. No lado de Neda tamén ten accesos dirección Fene. No lado de Narón ten saídas para Xuvia onde está Megasa e A Gándara e o seu polígono.
Galería de Imaxes
Notas