Política de Grecia

Desde 1 de xuño de 1975, coa adopción da nova Constitución, Grecia é unha democracia republicana parlamentaria.

A monarquía foi rexeitada o 8 de decembro de 1974.

O voto é obrigatorio e universal para maiores de dezaoito anos.

O poder executivo está dirixido polo Xefe de Estado, que é elixido polo parlamento. Alén diso, existe aínda o xefe do goberno, nomeado polo presidente, e o Gabinete do Goberno, cuxos membros son tamén nomeados polo presidente, tendo en conta as recomendacións do primeiro ministro.

O poder lexislativo é unicameral (só posúe unha cámara de deputados) e o xudicial conta cunha Corte e un Tribunal Supremo. O sistema legal baséase no código romano, con cortes divididas en asuntos civís, administrativos e criminais.

O Parlamento Grego despois das eleccións lexislativas de maio de 2012

Antecedentes

Escanos e as súa distribución no novo parlamento      Nova Democracia: 108 escanos      Coalición da Esquerda Radical: 52 escanos      Movemento Socialista Panhelénico: 41 escanos      Independentes Gregos: 33 escanos      Partido Comunista: 26 escanos      Aurora Dourada: 21 escanos      Esquerda Democrática: 19 escanos

As eleccións lexislativas gregas de 2012 foron unhas eleccións xerais realizadas o 6 de maio de 2012 para elixir os 300 membros do parlamento. Segundo a constitución, deberían realizarse en 2013, catro anos despois das eleccións anteriores; o adianto das eleccións foi acordado seguindo a avinza de novembro de 2011 para a formación da coalición gobernante formada para ratificar e continuar as decisións tomadas en conxunto cos outros países da Eurozona e o Fondo Monetario Internacional un mes antes.

Aínda que nas eleccións de 2009 obtiveran representación no parlamento cinco partidos desde as eleccións o voto no parlamento grego fragmentouse en maior medida habendo ao finalizar a lexislatura sete partidos con grupo parlamentario (con máis de 10 parlamentarios elixidos aínda que baixo outras siglas), dúas forzas que non chegan a lograr formar grupo parlamentario e 18 deputados independentes.

Resultados

Nas eleccións de 2012 Nova Democracia obtivo unha escasa vitoria con 108 (incluíndo o bonus de 50 deputados ao partido que obtivo a maioría máis ampla), Coalición da Esquerda Radical é a segunda forza política con máis deputados na cámara lexislativa con 52, Movemento Socialista Panhelénico saca uns resultados discretos despois de liderar o goberno na lexislatura anterior con 41 escanos, Independentes Gregos obtiveron 33 escanos, o Partido Comunista obtivo 26 escanos, Aurora Dourada (formación de extrema dereita e carácter patriótico) obtivo 21 escanos e Esquerda Democrática acadou 19 escanos.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!