Pobo wangai

Os wangai (tamén coñecidos como wangkatha, wongatha ou wongi) son un pobo aborixe australiano que habita na rexión Eastern Goldfields de Australia Occidental.

Nome

O termo wangai/wongi deriva da raíz para "falar".[1] As formas máis correctas e formais son wangkatha ou wongatha.[2]

Lingua

Falan a lingua wangai ou wangkatha e entre 200 e 300 persoas son falantes fluídos. A maioría dos falantes habitan na súa terra tradicional, que inclúe Coolgardie, Kalgoorlie, Menzies, Leonora, Laverton, Cosmo Newberry e Mulga Queen. As oito tribos que falan o wangai como un colectivo, tamén teñen os seus propios dialectos, un por cada tribo.

Notas

  1. Mathews 1907, p. 368.
  2. Bedells 2010, p. 1.

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!