Os panches ou tolimas son un pobo indíxena de fala caribe[2][4] que habitaban na actual Colombia. O seu territorio abranguía as partes suroccidentais de Cundinamarca e as partes setentrionais de Tolima, preto do río Magdalena. No tempo da conquista española, máis de 30 000 panches vivían no que despois se convertería no Novo Reino de Granada.[2] O coñecemento máis antigo sobre os panches foi recollido polo estudoso Pedro Simón. Segundo el, a verba panche na propia lingua dos panches quería dicir "cruel" e "asasino".[5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos