Os nez perce (autónimo: Niimíipu en lingua nez perce) son un pobo indíxena das chairas que vive na rexión do noroeste do Pacífico, nos Estados Unidos de América, que se atopa na meseta de Columbia. Están federalmente recoñecidos como a tribo nez perce e goberna a súa propia reserva en Idaho.[2] É unha das cinco tribos recoñecidas federalmente no estado.
Segundo os antropólogos, os nez perce descenden da cultura da antiga cordilleira, que se trasladou ó sur dende as Montañas Rochosas e ó oeste, onde a tribo se uniu.[3] O nome "nez perce" era o nome que os chinook lles deron ós exploradores franceses, que significa "piercing do nariz," mais só os chinook usaban esta forma de decoración.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos