Os jumas son un pobo indíxena do Brasil que vive no estado do Amazonas, ao longo do río Mucuim, un afluente do río Açuã.[2] O territorio do grupo atópase no concello de Canutama. Polo menos até o ano 2002, atopábanse fóra do seu territorio, na aldea Alto Jamary, xunto aos uru-eu-wau-wau, onde os catro últimos individuos casaron con individuos desa outra etnia.[3] Os jumas falan a lingua juma, unha variedade do subgrupo VI das linguas tupí-guaranís.[2]
No século XVIII, os jumas roldaban entre as 12 000 e as 15 000 persoas.[4] Por mor dos masacres levados a cabo ao longo da historia, o seu número descendeu a 300 en 1940.[2] En 1998, só había catro persoas do pobo juma. O derradeiro varón juma, Aruka Juma, morreu por mor da COVID-19 en 2021.[1] Foi sobrevivido polas súas tres fillas, as únicas superviventes do seu pobo.
Nomes
Os jumas tamén son coñecidos como arara, kagwahibm, kagwahiph, kagwahiv, kavahiva, kawahip, kawaib e yumá.[2]
Notas