Os carelios[6] (en carelio: karjalaižet) son un pobo fino-báltico nativo da rexión histórica de Carelia, que está dividida entre Finlandia e Rusia.
En Rusia, os carelios viven maioritariamente na República de Carelia e noutras zonas adxacentes da Federación Rusa. Tamén existen enclaves carelios significativos nos óblasts de Tver e Nóvgorod, xa que algúns carelios migraron a esas zonas despois da guerra rusosueca de 1656-1658.
En Finlandia, os carelios viven tradicionalmente nas rexións de Savonia, Carelia do Norte e Carelia do Sur.
Notas