A planificación familiar refírese habitualmente ó conxunto de prácticas que ó ser utilizadas por unha muller, un home ou unha parella de potenciais proxenitores orientadas basicamente ó control da reprodución mediante o uso de métodos anticonceptivos na práctica de relacións sexuais.
O control ou planificación familiar pode ter como obxectivo procrear ou non descendentes e, no seu caso, decidir sobre o número de fillos, o momento e as circunstancias sociais, económicas e persoais nas que se desexa telos.[1]
Os servizos de planificación defínense como o conxunto de prestacións ofrecidas por profesionais sanitarios especializados que inclúen actividades e prácticas educativas, preventivas, médicas e sociais que permiten ós individuos, incluídos menores, determinar libremente o número dos seus fillos e seleccionar o medio máis adecuado ás súas circunstancias.[4]
A planificación utilízase ás veces como un sinónimo de control da natalidade. Neste sentido os servizos médicos de planificación familiar facilitan información sobre os distintos métodos anticonceptivos e ofrecen asistencia médica especializada para conseguir espazar os embarazos desexados así como para evitar os embarazos non desexados. Neste sentido a planificación familiar consiste na utilización de diferentes métodos para controlar o número e a cronoloxía dos embarazos.
Notas
↑"Mission Statement". US Dept. of Health and Human Services, Office of Population Affairs. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 04 de maio de 2018.