Planetes

Planetes
FormatoCiencia ficción, Acción, Aventuras
Creado porGorō Taniguchi
IntérpretesAnimación
Tema de apertura"Dive in the Sky", por Mikio Sakai
Tema de peche"Wonderful Life", por Mikio Sakai (episodios 1-25)
"PLANETES", por Hitomi Kuroishi (episodio 26)
País de orixeXapón
Lingua(s)xaponés
Episodios26
Produción
Produtor(es)Sunrise
Duración24 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeNHK BS2
Primeiro episodio4 de outubro do 2003
Derradeiro episodio17 de abril do 2004
Na rede
http://www.planet-es.net
editar datos en Wikidata ]

Planetes (プラネテス?) é un manga escrito e ilustrado por Makoto Yukimura, composto por 4 tomos, do que tamén se realizou unha serie de anime co mesmo título. Dirixida por Goro Taniguchi e producida por Sunrise, consta dun total de 26 episodios. Foi estreada o 4 de outubro do 2003.

Sinopse

A historia ambiéntase no ano 2075 e trata sobre un grupo de astronautas empregados na estación espacial Tecnora, na sección de refugallos, máis coñecida como “a semi” (xa que é un grupo con recorte de orzamento e só conta coa metade do persoal) cuxo deber é recoller o lixo espacial que interfere nas actividades aeronáuticas da Terra.

Dende o accidente sufrido pola nave de pasaxeiros Alnail-8, no ano 2068, o problema do lixo espacial cobrou grande importancia e protagonismo; satélites artificiais dun só uso, tanques abandonados polas lanzadeiras, residuos derivados da construción de estacións espaciais. Todos estes refugallos orbitan ao redor da Terra a velocidades que roldan o 8 km/s. O impacto dun destes obxectos cunha nave espacial podería provocar un grave accidente, e para evitar que unha nova traxedia se repetise, considerouse necesario para a carreira espacial manter baixo control a súa recollida.

No futuro que expón a serie, o ser humano xa colonizou a Lúa e chegou ata Marte no ano 2058, por mor disto existe unha organización terrorista chamada “Fronte de defensa espacial” que se opón a que o ser humano colonice e contamine outros planetas, e atópanse varias veces cos protagonistas ao longo da serie.

Personaxes

  • Hachirota Hoshino (星野 八郎太 Hoshino Hachirōta?): co alcume de “Hachimaki” (en xaponés «cinta para o cabelo», xa que el sempre leva unha nas súas misións espaciais, e que lle fai situarse na realidade e axúdalle a concentrarse), é un dos co-protagonistas. Leva no traballo de recolledor de lixo 4 anos, xunto cos seus compañeiros Fee Carmichael e Yuri Mihairokoh, pero el sempre soñou con ter a súa propia nave espacial. Pronto se dará conta de que non todo é posible e que as cousas as consegue quen pode. Xa ben entrada a historia, Hachimaki sentirase moi unido á nave que lle levará a Xúpiter, a Wernher Von Braun, á que chama “a miña nave”. Exprésase fatal nos asuntos sentimentais, pero Tanabe enténdelle perfectamente.
  • Ai Tanabe (田名部 愛 Tanabe Ai?): É unha rapariga que se une á Debris Section (a sección de refugallos). Inicialmente terá unha relación de antipatía con Hachimaki, co que non está de acordo en nada, pero ao final sucederá todo o contrario, cando Hachimaki dáse conta de que cada un ten un gran afecto polo outro. Nun principio é reservada, cautelosa, tímida, pero acabará sendo moi decidido a levar a cabo o que se propón, recorrendo á súa idea de que o amor o arranxa todo, que sen amor ninguén podería existir, e de que ninguén quere vivir nin morrer só. Ao final da historia, ao ser atacada a nave Von Braun por uns terroristas, chamados “Fronte de Defensa do Espazo”, Tanabe sofre unha hipoxia por falta de aire no seu traxe e as súas funcións motrices quedan moi afectadas, pero acabará recuperándose. Xogando a un xogo de palabras con Hachimaki, a este tócalle unha palabra que comeza por “cas-”, á que responde “casemos”.
  • Fee Carmichael: é a capitá da DS-12 Toy Box, a nave da semi. Naceu en Richmond, Virxinia, Estados Unidos de América. É unha muller moi protectora dos integrantes do seu grupo. Na oficina sempre está a fumar nunha cabina. É moi calculadora, intelixente, pero cun defecto, é unha fumadora irremediable, tanto que recorrerá a un accidente, aproveitando que combateu contra unha nave dos terroristas, para volver fumarse un cigarro despois de 4 días de intentos errados de facelo. Nas naves espaciais hai moi pouco sitio para xente fumadora, cousa que lle saca de couzón.
  • Yuri Mihairokoh (Юрий Михалков): É un astronauta ruso que encerra tras un muro de pedra o seu pasado e os seus sentimentos. Fíxose recuperador de refugallos unicamente para recuperar o compás da súa muller, falecida no accidente da Alnail-8. Cando por fin o atopa, e coa axuda do irmán novo de Hachimaki e tras 6 anos de procura, reflexiona seriamente sobre a súa dimisión, xa que a súa misión está cumprida. Finalmente quedará no grupo porque pensa que xa non está atado ao seu pasado e pode decidir a súa vida, cegada pola dor da morte da súa esposa. É o encargado do coidado e mantemento dos animais que se sitúan na “seven” (ISPV 7), a estación espacial desde onde comezan as súas misións de recuperadores.

Episodios do anime

  1. Na exosfera
  2. Como un soño
  3. Órbita de retorno
  4. Profesionais
  5. Lévame á Lúa
  6. Esquíos voadores na Lúa
  7. A moza extraterrestre
  8. Un lugar onde apoiarse
  9. Espiñas cravadas
  10. Estrelas residuais
  11. Fronteiras
  12. Un humilde desexo
  13. Paisaxe cun foguete
  14. Punto de inflexión
  15. Cousas dela
  16. Ignición
  17. O elixido
  18. O último día do departamento de refugallos
  19. Os finais sempre son…
  20. Dúbidas e máis dúbidas
  21. Espello Tandem
  22. Revelación
  23. Refugallos á deriva
  24. Amor
  25. Persoa desaparecida
  26. E os días que se cruzan…

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!