Planeta Imaginari
|
|
Na rede
|
|
Planeta Imaginari (Planeta Imaxinario) foi un programa infantil-xuvenil de televisión producido por TVE en Cataluña nos estudios de Sant Cugat del Vallès, que se emitiu por primeira vez os sábados pola mañá en 1983, no circuíto catalán de TVE.[Cómpre referencia]
En 1984 saltou á primeira canle de Televisión Española, onde permaneceu até o ano 1986. Os primeiros episodios emitíronse dobrados do catalán e despois directamente en castelán.
A protagonista/condutora do programa era Flip, unha rapaza que vivía acompañada de Muc, o seu amigo invisíbel, no Planeta Imaxinario e, eventualmente, con Maletí (un rapaz da mesma idade).
A sintonía do programa era unha versión do xaponés Isao Tomita do Arabesque núm. 1 de Debussy.