O Piráti Chomutov é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Chomutov, República Checa. O club foi fundado en 1945 e dende a tempada 2012-13 compite na Extraliga Checa, a máxima categoría do hóckey sobre xeo checo. Xoga os seus partidos como local no ČEZ Arena, un pavillón con capacidade para 5.250 espectadores.
Historia
O club foi fundado en 1945. Na tempada 1950-51, o Piráti Chomutov ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo de Checoslovaquia, onde permaneceu ata a tempada 1963-64. En 1967 ascendeu novamente á máxima categoría, mais descendeu outra vez ese mesmo ano. En 1984 o club descendeu á terceira categoría. En 1997 comprou a licenza para competir na 1. národní hokejová liga (segunda categoría) ao HC Slovan Ústečtí Lvi.
Tras gañar a 1. národní hokejová liga na tempada 2011-12, o Piráti Chomutov volveu á máxima categoría, a Extraliga Checa.
Denominacións
- 1945 - ČSK Chomutov
- 1949 - ZJS spojené ocelárny
- 1951 - Sokol Hutě
- 1953 - TJ Baník Chomutov ZJF
- 1958 - Baník VTŽ Chomutov
- 1960 - VTŽ Chomutov
- 1991 - Klub ledního hokeje VT VTJ Chomutov
- 1996 - KLH Chomutov
- 2011 - Piráti Chomutov
Véxase tamén
Ligazóns externas